Obradoiros de 'batchcooking'

Queres comer de forma máis saudable, aforrar tempo na cociña e incorporar produto pesqueiro á túa dieta? Aprende cos mellores profesionais a organizar sesións de cociñado para toda a semana, receitas e técnicas sinxelas para cociñar produtos do mar sen perder sabor nin propiedades, claves para saber que especies conservan mellor na neveira ou no conxelador, e trucos para reducir o desperdicio alimentario.

Datas dispoñibles:

Lugar Datas
Vilagarcía de Arousa Luns 19 e martes 20 de outubro de 10:00 a 14:00
Ribeira Luns 19 e martes 20 de outubro de 17:00 a 21:00
Laxe Luns 19 e 26 de outubro de 9:30 a 13:30
Carballo Luns 19 e 26 de outubro de 16:30 a 20:30
Redondela PRAZAS ESGOTADAS
Outes PRAZAS ESGOTADAS
Burela PRAZAS ESGOTADAS
Sada PRAZAS ESGOTADAS
Imaxe da campaña

Pesca saúde nos establecementos de restauración.

Os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro colaboran cos establecementos de restauración dando apoio e asesoramento para a creación de menús saudables con produtos do mar.

Recursos prácticos

O proxecto

Pesca Saúde é un proxecto de cooperación promovido polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP). Alíase coa Estratexia Galega de Saúde Comunitaria 2023-2027 no seu compromiso para o fortalecemento da saúde da poboación e conta co apoio da Dirección Xeral de Saúde Pública (Subdirección Xeral de Estilos de Vida Saudables) da Consellaría de Sanidade.

Máis información: